HISTORIA DA R.G.T.

 

Antecedentes da RGT
A Revista Galega de Teatro ten unha “prehistoria” que hai que rastrexar no Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega cuxo número 0 aparece en Vigo no ano 1983. A creación deste Boletín foi unha iniciativa, entre outras, que levou adiante a sección de Vigo da Escola Dramática Galega (E.D.G) con sede na Coruña. Cando se decide, desafortunadamente, clausurar a sección de Vigo da EDG o Boletín pasará a denominarse Boletín de Información Teatral para mudar pouco despois en Información Teatral, máis tarde Información Teatral-Revista Galega de Teatro e definitivamente, desde o número 11, en Revista Galega de Teatro.

Antón Lamapereira

Unha pequena metamorfose guiada sempre polo obxectivo de “dar un paso máis no camiño da normalización teatral en Galicia” como xa podemos ler no número 0 daquelas “hojas volanderas” como alguén as chamou no Faro de Vigo cando apareceu. Normalización que consistía e consiste aínda en informar sobre a actividade teatral do país e do resto do mundo. Hai polo tanto unha continuidade na liña programática entre aquel primeiro Boletín de oito páxinas aparecido no “século pasado” e os últimos números aparecidos con máis de cen páxinas.

Estrutura interna e contidos.

Certamente existe unha continuidade pero con mutacións importantes.

A Erregueté RGT é editada por unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro denominada “Entre bambalinas”.

Organigrama:
Directora: Vanesa Sotelo
Subdirector: Manuel Xestoso
Secretario: Roberto Pascual
Consello de Redacción: Afonso Becerra de Becerreá, Inma López Silva, Roi Vidal Ponte, Esther Carrodeguas, Gena Baamonde, Fran Peleteiro.
Consello Editorial: Antón Lamapereira, Xosé Manuel Pazos Varela, Che Mariño, Pedro Pablo Riobó, Gonzalo Rodríguez Calvo, Casilda Alfaro.
Administración /subscricións: Helena Torres
Ao longo destes 30 anos tamen formaron parte do Consello de Redacción: Conchi Costas, Iria Méndez, Manuel Vieites, Lourdes Vega, Cristina Cameselle, Ricardo Solveira e Mª. Xosé Vilas.

Polo demais a nosa existencia é posible grazas á colaboración solidaria de moitísimas persoas cos seus artigos, textos dramáticos, fotografías ou banda deseñada.

Os contidos de cada número agrúpanse dentro das seccións: Editorial, Banda Deseñada, Temas -un breve monográfico por trimestre – Escena Aberta -crónicas de festivais e temática libre-, Entrevistas, Libros, Espectáculos -crítica-, Ficheiro, Textos.

A liña da revista sempre estivo presidida pola independencia de calquera opción partidista ou corporativa, a procura do rigor e a honestidade informativa, a atención preferente ao teatro galego pero con curiosidade por calquera aspecto de interese do teatro en xeral. E desde estes principios básicos intentamos estruturar os diferentes temas conxugando a información coa creación, a divulgación e o ensaio.

Financiación

Ata o ano 1995 a revista foi buscándose a vida como puido recibindo patrocinio de Caixanova, a Concellaría de Cultura do Concello de Vigo, do Ministerio de Cultura e ata -e isto é digno de resaltar- da Compañía de Teatro de Ningures. Nestas circunstancias, como é fácil adiviñar, a súa periodicidade era irregular aínda que sempre pertinaz. É xustamente no ano 1995 cando se asina o 1º Convenio de Cooperación Cultural co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais de Galicia ( IGAEM) Desde entón regularízase a súa aparición que nun primeiro momento foi trimestral para desde o ano 2000 converterse en trimestral. No ano 2010 a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia decidiu non renovar o convenio de cooperación e desde entón ainda podemos manter a periodicidade trimestral, mais sempre ao límite da supervivencia.

As nosas fontes de financiación son as subscricións, a venda en librarías, a inclusión de publicidade e os acordos de colaboración co Cercle Artistic de Menorca e AISGE. Tamén puntuais subvenccóns de diferentes Administracións Públicas. Obrigado citar o apoio do Concello de Cangas en cuestións de loxística.

Edición de textos dramáticos

Coincidindo co nº 8, comezaron a editarse dentro da mesma publicación textos dramáticos. Inaugurou a colección 2132 un texto que nos ofreceu Roberto Vidal Bolaño cando lle comentamos o proxecto; a súa factura pode resultar dramaticamente heterodoxa xa que o propio autor definiuno como “fragmentos dun guión para un cómic”. Tamén de Roberto, sen dúbida un dos nosos mellores dramaturgos, é Memoria de mortos e ausentes, edición de Pedro P. Riobó, publicado nun número especial dobre que lle dedicamos. Seguindo cos creadores galegos, apareceron textos, entre outros, de Euloxio R. Ruibal, Jenaro Mariñas do Val, Luísa Villalta, Manuel Forcadela, Xesús Pisón, Liño Braxe, Constantino Rábade, Raúl Dans, Manuel Lourenzo, Xosé Manuel Pazos ou María Xosé Queizán. E, referíndonos a algúns dos máis novos, citaremos a Patricia Piñeiro, Vanesa Sotelo , Iván Caloto, Rubén Ruibal, Santiago Cortegoso, Fernando Epelde ou Clara Gayo.

Pero a nómina de autores publicados non ten fronteiras e a dramaturgos en lingua castelá tan significativos como Juan Mayorga, Iztiar Pascual, Ernesto Caballero, Jerónimo López Mozo, Paloma Pedrero, José Ramón Fernández, Elena Cánovas, Yolanda Pallín ou o mejicano Jaime Chabaud engádense os de lingua francesa como Michel Azama o croata Asja Srnec ou canadenses: Suzanne Lebeau ou Wajdi Mouawad.

Prestámoslle tamén unha atención especial á edición de textos en lingua portuguesa como os de Abel Neves, Ricardo Cabaça, José María Vieira Mendes ou Marta Freitas.

Aquí é necesario citar o acordo da RGT co Cercle Artistic de Ciutadella de Menorca, entidade que convoca anualmente o Premi Born de Teatre. Por medio deste acordo o Premio Born foi traducido por vez primeira ao galego na XXXI edición de 2006 gañada por Carlos Be con Origami e tamén o foron os seguintes gañadores: Jesús Díez, Carles Batlle, Josep María Miró i Coromina, Lluisa Cunillé, Raúl Dans e Carles Mallol e o van ser os gañadores de futuras convocatorias.

O Premi Born será deste xeito o único premio de teatro que apareza traducido as catro linguas do estado español:  galego, euskera, catalán e castelán. Esta circunstancia é sen dúbida un valor engadido para un galardón que xa está considerado como un dos máis prestixiosos e mellor dotados economicamente.

Levamos editados máis de setenta textos nos que predomina o sinal da contemporaneidade. Apostando polo contemporáneo facilitamos materiais en lingua galega con temáticas, problemas e situacións actuais que poden ser levadas a escena por calquera compañía profesional ou de grupos amateurs como sabemos que está sucedendo.

Por outra banda, sempre que podemos aproveitamos a aparición de cada número da RGT para dar a coñecer por medio de lecturas dramatizadas os autores e a súa obra. Preparamos as lecturas de tal forma que poidan participar nelas tanto actrices e actores profesionais como afeccionados. É o caso, por pór algún exemplo, da lectura na RESAD de Madrid da obra Terra polo medio de Ernesto Caballero, na que participaron intérpretes galegos estudantes de Arte Dramática con dirección de Ricardo Solveira; no Museo de Arte Contemporánea de Vigo do texto Act-Tress de Xosé Manuel Pazos con actrices de Teatro de Ningures; na Galería Sargadelos de Ferrol da lectura por parte de alumnas e alumnos do grupo de teatro do instituto de FP Rodolfo Ucha da obra Os facedores de bonecas de Belén Roca; na Casa das Campás en Pontevedra o texto Ritos de Sangue de María Xosé Queizán polo grupo Avelaíña Teatro ou na Biblioteca Pública de Moaña, en colaboración coa Lonxa Literaria, a lectura de O Ogrocho de  Suzanne Lebeau, na que participou o seu traductor Henrique Harguindey Banet e tamén, na Galería Sargadelos de Lugo, a lectura do texto Rexurdimento de Afonso Becerra pola compañía Nove-Dous.

Teatro Crítico Universal. Blog de crítica de espectáculos da RGT.

Esta nova iniciativa recolle periódicamente críticas que complementan extensamente as editadas na revista en papel. Inaugurado en Xullo de 2014, na 30ª. Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, este blog conta coa colaboración de: Manuel Xestoso -coordinador- Afonso Becerra de Becerreá, Carla Capeáns, Camilo Franco, Inma López Silva e Roi Vidal.

Certame de Banda Deseñada sobre Teatro Galego e Portugués

A Asociación Cultural “Entre Bambalinas” guiada sempre polo obxectivo fundamental de espertar o interese pola arte dramática, decidiu convocar, con caracter bianual, este certame que procura enriquecer, desde a linguaxe do comic, o feito teatral.

Como resultado deste certame a colección de Banda Deseñada sobre Teatro está formada por: Doentes de Roberto Vidal Bolaño, en versión de Brais Rodríguez; Hamster de Santiago Cortegoso, en versión de Diego Campos; Belicosario de Manuel Lourenzo, en versión de Juan Molina e 2132 de Roberto Vidal Bolaño, en versión de Diego Blanco.

O Fondo Teatral “María Casares” (FTMC)

A Asociación Cultural “Entre Bambalinas” quixo nomear así o FTMC en memoria e homenaxe á actriz María Casares (A Coruña 1922-Paris 1996) quen aos 14 anos tivo que exiliarse en Francia debido ao golpe militar franquista de 1936. Era filla de Gloria Pérez e Santiago Casares Quiroga, ministro e xefe de goberno da II República.

En que consiste? O Fondo Teatral “María Casares” está integrado na Biblioteca Pública de Cangas do Morrazo e é o resultado dun Convenio asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a Revista Galega de Teatro e a Compañía de Teatro de Ningures.

Formado inicialmente pola cesión de fondos bibliográficos e diversas coleccións de revistas especializadas destas dúPresentación Fondo Teatral Maria Casaresas entidades vaise enriquecendo progresivamente grazas ás continuas achegas de libros e revistas que, recibidas na redacción, apúntanse na RGT e posteriormente pasan a inventariarse na Biblioteca.

Grazas a esta trasfega, hoxe o fondo conta con máis de seiscentos volumes de libros de literatura dramática, de teoría, pedagoxía e técnica teatral e na súa hemeroteca poden atoparse coleccións de revistas emblemáticas xa desaparecidas como “Pipirijaina” e “O Público”, ademais de “Primer Acto”, “ADE”, “Actores”, “El Pateo”, “Artez”, “Ñaque Expresión”, “Art Teatral”, “La ratonera”, “Entreacte”, “Escaramuza”, “CasaHamlet”, “Núa”, “El mundo del espectáculo”, “Ambidextro”ou as portuguesas “Artistas Unidos”, “Adagio”, “Sinais de cena” ou as latinoamericanas: “TEATRO”, “Gestos”, “Ateatro”, “Tramoya”, “Connjunto e Teatro”, “Truenos&Misterios”e por suposto a RGT.

É moi posible que a Biblioteca Pública de Cangas sexa a única en Galicia que dispoña deste servizo, un servizo que deberá potenciarse e divulgarse máis xa que nesta Comarca do Morrazo hai unha intensa actividade teatral reflectida na existencia de varias compañías profesionais de teatro e un bo fato de grupos de teatro afeccionados e escolares.

Hai ademais en Cangas unha programación estable de teatro e aquí se celebra a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo que vai pola súa 33 edición. En Moaña existen os Circuitos Teatrais que en 2016 cumplen 29 edicións e os Centros de Ensino Secundario do Morrazo organizan unha Mostra de Teatro (Motesmo) que xa vai pola súa 20 edición.

Por outra banda a existencia da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, localizada na próxima cidade de Vigo, aumentará, máis cedo ou máis tarde, a demanda deste sevizo bibliotecario.

Premios
– VII Premio Xiria ao Labor Teatral 1993
– Medalla ADE 2006
– Medalla CELCIT 2010
– Premio FEGATEA 2010
– Premio MÁCARA Teatro 2011
– Premio de HONRA ABRENTE 2013
– Premio de Honra Marisa Soto 2016 da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)


Historia | Comments Off on HISTORIA DA R.G.T.

© Copyright REVISTA GALEGA DE TEATRO

Templates Browser

Challenges in Social Education Today - Globalization and Changes in Education

A recent study of global humanitarian investigations currently emphasizes the most

What it means is a modern Online Teacher

University teaching is part of a well-constructed tradition that has remained unchanged

I am How Do You Appreciate the True Value of Higher Education?

I have written many articles about the best practice for educators using the time

Things to remember when getting an admission to the training school

Training schools and colleges worth a lot as they provide all the various kinds of training ns material that professional need in order to get ahead of their profession ad contribute at their best. In Australia, people can surely find lots of schools and colleges that offer high quality training options for the students as well as for the professional who looking to enhance their skill for better capabilities.

There are courses like Diploma of Community Services, Certificate III in Information Digital Media and Technology, Diploma of Work Health and Safety, Certificate II in Business and Retail Management Courses as well as the Advanced Diploma of Leadership and Management and Aged Care Training schools offering professional diplomas and courses that offer higher level training.

There are many things that you must be keeping mind in order to help yourself getting things better and get the training you need, but the most important things you should never forget are:

You should never enroll or opt to enroll in courses which are wide apart as you will be stuck nowhere and may have to manage things that you are not familiar with. In case if you are likely to get more courses you may consider to have enrolled in courses that you like the most, you should consider having the ones which are related or have similar content in them as well as same level and area of training.

As for example if you are going to attend the Business Management Courses, you should be aware that instead of aged care course you must be looking forward to get to the Diploma Of Business Management.

Further you should know that if you have to get to the top level courses you should not hesitate to enroll in the preliminary courses as they would help you learn things better.

Get in touch!

Contact Us

email us at radik.homichev@templatesbrowser.com

- or -

send us a mail at:

49 Beach Street, SUMMERHILL, Tasmania, 7250, Australia